Para a súa nomenclatura emprégase preferentemente a:
Nomenclatura de Stock: Noméanse cas palabras “óxido de”
e o nome do metal seguido inmediatamente do número de oxidación co que actúa entre paréntese e
con números romanos. Se o número de oxidación do metal é fixo non cómpre
especificalo.
Óxido de METAL(N)
A IUPAC tamén
acepta a nomenclatura
estequiométrica para estes óxidos, anque é preferible empregar a
nomenclatura de Stock sempre que haxa átomos metálicos e a estequiométrica
cando os átomos sexan todos non metais.
Na fórmula:
o osíxeno ten número de oxidación -2, e o número de oxidación do metal o
podemos deducir sabendo que o composto é neutro. Se é sempre o mesmo o debemos
coñecer e non fai falla deducilo.
No nome:
fixarémonos no número de oxidación do metal, que está entre paréntese, se
non se indica é que o temos que saber, lembra a táboa
de números de oxidación. Como o número de oxidación do osíxeno é -2
só temos que calcular cantos átomos de cada precisamos para que o composto
sexa neutro.
Certos óxidos presentan osíxenos unidos entre si
mediante un enlace simple (–O–O–), como a agua osixenada ou peróxido de
hidróxeno H2O2 (H–O–O–H). O ion dióxido(2–) ou ion
peróxido, O22–, forma peróxidos con elementos dos grupos
1, 2, 11 e 12.
O osíxeno nestes compostos presenta número de
oxidación –1.
Como os elementos dos grupos 1, 2, 11 e 12
teñen case todos número de oxidación fixo, e debemos de coñecelo, non hai
confusión cos óxidos do ion óxido(2–), O2–. Por exemplo:
Peróxido
Nome de Stock
¿Posible confusión?
Na2O2
Peróxido de sodio
Se fora un óxido se simplificarían os
subíndices. Sería NaO, pero o Na só ten número de oxidación +1, non +2
como esixiría este composto.
K2O2
Peróxido de potasio
O mesmo que no exemplo anterior.
MgO2
Peróxido de magnesio
Se fora un óxido o magnesio tería número
de oxidación +4, pero non o ten pois o seu número de oxidación fixo é +2.
CaO2
Peróxido de calcio
O mesmo que no exemplo anterior.
Cu2O2
Peróxido de cobre(I)
Se fora óxido de cobre(II) sería CuO, e
se fora óxido de cobre(I) sería Cu2O.
ZnO2
Peróxido de cinc
Se fora un óxido o cinc tería número de
oxidación +4, pero non o ten pois o seu número de oxidación fixo é +2.
En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias
e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.
En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias
e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices,
por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio..
Se te foi útil esta web, agradezo
que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado.
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias
pola túa colaboración.