|
Nomenclatura tradicional.
Para a súa formulación séguense as mesmas regras que para os ácidos
dos que proveñen pero cambiando as terminacións e mantendo os prefixos. Para
os números de oxidación baixos a terminación -OSO cambia pola de -ITO, e para
os números de oxidación altos a terminación -ICO cambia pola de -ATO.
| Número
de oxidación |
Ácido |
Anión |
Máis
alto
Alto
Baixo
Máis
baixo
|
per-
-ico
-ico
-oso
hipo-
-oso
|
per-
-ato
-ato
-ito
hipo-
-ito
|
|
|
Na
fórmula:
Na2SO4
a) Disociamos o sal nos seus ións
A partir da carga do catión (ión
positivo) deducimos a carga do anión (ión negativo).
b) Deducimos o número de oxidación do
átomo central, sabendo que o osíxeno ten número de oxidación -2.
c) Lembrar os números de oxidación
con que poden actuar os elementos centrais, e asignar prefixos e sufixos.
Séguese a nomenclatura de Stock, polo
tanto se o metal pode ter outros números de oxidación indícase entre paréntese
o que ten no composto.
|
|
No nome:
Nitrato de
calcio
a) Indicar cal é o catión. De ter varios posibles números de
oxidación nolo teñen que indicar pola nomenclatura de Stock. E deducir polos prefixos e sufixos o
número de oxidación do elemento central que participa no anión:
b) Formular o oxiácido de N+5
c) Deducir o anión a partir do ácido,
quítanse os hidróxenos e póñense tantas cargas negativas como hidróxenos
ten o ácido. Escribir o composto de xeito que
sexa electricamente neutro, colocando uns coeficientes estequiométricos que
nos indiquen cantos catións e anións participan na fórmula.
|
|
Igual que nos oxiácidos
utilizamos dúas nomenclaturas: a aditiva e a estequiométrica.
Nomenclatura aditiva dos anións:
baséase na estructura dos anións, nomeando de diferente forma os osíxenos que están unidos
aos hidróxenos ácidos (hidroxo), os osíxenos unidos únicamente ao
elemento central (oxo), e os hidróxenos unidos directamente ao átomo central (hidro).
Cada un destes nomes acompáñase dos prefixos pertinentes: di-, tri-,
tetra-, etc. e se nomean por orde alfabética seguidos do nome do átomo
central terminado en -ato, e entre paréntese a carga do anión (segundo o sistema de Ewens-Bassett).
Nomenclatura
estequiométrica dos anións: baséase en
nomear cun prefixo: di-, tri-, tetra-, etc. os átomos que participan no
anión seguido do elemento central terminado en "-ato", e entre
paréntese a carga do anión (segundo o sistema de Ewens-Bassett).
|
Anión |
Nomenclatura aditiva |
Nomenclatura estequiométrica |
| CO32- |
Trioxocarbonato(2-) |
Trioxocarbonato(2-) |
| NO2- |
Dioxonitrato(1-) |
Dioxonitrato(1-) |
| NO3- |
Trioxonitrato(1-) |
Trioxonitrato(1-) |
| PO43- |
Tetraoxofosfato(3-) |
Tetraoxofosfato(3-) |
| SO32- |
Trioxosulfato(2-) |
Trioxosulfato(2-) |
| SO42- |
Tetraoxosulfato(2-) |
Tetraoxosulfato(2-) |
| ClO- |
Cloroosixenato(1-) |
Oxoclorato(1-) |
| ClO2- |
Dioxoclorato(1-) |
Dioxoclorato(1-) |
| IO3- |
Trioxoiodato(1-) |
Trioxoiodato(1-) |
| IO4- |
Tetraoxoiodato(1-) |
Tetraoxoiodato(1-) |
| CrO42- |
Tetraoxocromato(2-) |
Tetraoxocromato(2-) |
| Cr2O72- |
μ-oxobis(trioxocromato)(2-) |
Heptaoxodicromato(2-) |
| MnO42- |
Tetraoxomanganato(2-) |
Tetraoxomanganato(2-) |
| MnO4- |
Tetraoxomanganato(1-) |
Tetraoxomanganato(1-) |
Nomenclatura
aditiva dos sales: Escríbese o nome do anión seguido do nome do catión, coa carga
segundo o sistema de Ewens-Bassett en cantións que non teñan número de oxidación fixo.
Nomenclatura
estequiométrica dos sales: Escríbese o nome do anión sen a carga, se é
necesario cos prefixos bis, tris, tetrakis, pentakis, hexakis, etc. que nos
indican a repetición do anión poliatómico. Seguido do catión, cos prefixos di, tri, tetra, etc que nos indican a repetición do catión.
|
Sal |
Nomenclatura aditiva |
Nomenclatura estequiométrica |
| Na2CO3 |
Trioxocarbonato(2-) de
sodio |
Trioxocarbonato de
disodio |
| KNO2 |
Dioxonitrato(1-) de
potasio |
Dioxonitrato de potasio |
| Ca(NO3)2 |
Trioxonitrato(1-) de
calcio |
Bis(trioxonitrato) de
calcio |
| AlPO4 |
Tetraoxofosfato(3-) de
aluminio |
Tetraoxofosfato de
aluminio |
| Na2SO3 |
Trioxosulfato(2-) de
sodio |
Trioxosulfato de
disodio |
| Fe2(SO4)3 |
Tetraoxosulfato(2-) de
ferro(3+) |
Tris(tetraoxosulfato)
de diferro |
| NaClO |
Clorooxigenato(1-) de
sodio |
Oxoclorato de sodio |
| Ca(ClO2)2 |
Dioxoclorato(1-) de
calcio |
Bis(dioxoclorato) de
calcio |
| Ba(IO3)2 |
Trioxoiodato(1-) de
bario |
Bis(trioxoiodato) de
bario |
| KIO4 |
Tetraoxoiodato(1-) de
potasio |
Tetraoxoiodato de
potasio |
| CuCrO4 |
Tetraoxocromato(2-) de
cobre(2+) |
Tetraoxocromato de
cobre |
| K2Cr2O7 |
μ-oxobis(trioxocromato)(2-)
de potasio |
Heptaoxodicromato
de dipotasio |
| Na2MnO4 |
Tetraoxomanganato(2-)
de sodio |
Tetraoxomanganato de
disodio |
| Ba(MnO4)2 |
Tetraoxomanganato(1-)
de bario |
Bis(tetraoxomanganato)
de bario |
|
|
En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias
e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.
En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias
e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices,
por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.
|