Compostos Metal - Non Metal

   
¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Exercicios 
   

¿Que son?

    Son combinacións entre un metal e un non metal, que non sexa nin o osíxeno nin o hidróxeno.

¿Como se nomean?

    Nomenclatura de Stock: Noméase o non metal rematado en “-uro” seguido de “de” e do nome do metal seguido inmediatamente do número de oxidación co que actúa entre paréntese e con números romanos, en caso de que poida actuar con máis de un.

    NONMETAL-uro de METAL(N)

 

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: A partir do número de oxidación do non metal dedúcese o número de oxidación do metal. Estes números de oxidación están na táboa de números de oxidación na parte inferior dereita

 

Se nos dan o nome

    No nome: O número de oxidación do non metal o debemos saber, e o do metal se non é fixo nolo teñen que dar entre paréntese, logo queda calcular cantos átomos de cada fan neutro ó composto.

 

Exemplos

 

  Nomenclatura de Stock
CaF2  Fluoruro de calcio
CuBr2  Bromuro de cobre(II)
FeCl3  Cloruro de ferro(III)
K2Se  Seleniuro de potasio
Ag2S  Sulfuro de prata

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2

   

[ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ]  
Autor da web: [ ]

 

   
Google