|
|
|
|
|
|
¿Que son? | ¿Como se
nomean?
| Se nos dan a fórmula
| Se nos dan o nome | Exemplos
| Nomenclatura sistemática
da IUPAC | Exercicios
|
|
|
|
¿Que son? |
|
Chámanse oxiácidos ou oxoácidos, e obedecen a unha fórmula xeral:
HaXbOc
na que X é normalmente un non metal, pero
as veces tamén pode ser un
metal de transición que se atopa nun número de oxidación elevado, como Cr+6,
Mn+6 ou Mn+7.
|
|
|
¿Como se
nomean? |
|
Este é o único tipo de compostos no que permanece a nomenclatura
tradicional. A IUPAC propón unha nova nomenclatura (que se explica máis abaixo), que
aínda está pouco estendida
dado que costa bastante deshabituarse de dicir, por exemplo ácido sulfúrico,
que é un composto de uso frecuente, a dicir tetraoxosulfato(VI) de hidróxeno, como propón a IUPAC. Ela mesma admite como
válida a nomenclatura tradicional neste tipo de
compostos.
Nomenclatura tradicional.
Para aprender a formular este tipo de compostos hai que coñecer os
números
de oxidación cos que os non metais poden actuar. Estes son os seguintes
| Halóxenos
|
+1,
+3, +5, +7
|
| Calcóxenos |
+4,
+6
|
| Grupo
do N |
+3,
+5
|
| Grupo
do C |
+4
|
Se nos dan a fórmula do ácido temos
que deducir o número de oxidación do elemento central X (+n), será igual ó
dobre de osíxenos que teña menos os hidróxenos. Se do elemento central temos
varios átomos o resultado o dividimos por ese número.
Cando un elemento presenta máis dun número de oxidación
posible empréganse
uns prefixos e uns sufixos concretos. Como o número máis elevado de posibles números
de oxidación para un elemento (nos casos que imos estudiar) é catro referirémonos
a estes casos.
Para o número de oxidación MÁIS BAIXO anteponse ó nome do elemento
central o prefixo HIPO- (do grego hypo, inferior) e detrás do nome o sufixo
-OSO.
Para o número de oxidación BAIXO engádese ó nome do elemento central
o sufixo -OSO.
Para o número de oxidación ALTO engádese ó nome do elemento central o
sufixo -ICO.
Para o número de oxidación MÁIS ALTO engádese o prefixo
PER- (do
grego hyper, superior) e o sufixo -ICO.
| Número
de oxidación
|
Ácido
|
Máis
alto
Alto
Baixo
Máis
baixo
|
per-
-ico
-ico
-oso
hipo-
-oso
|
Outros prefixos que debemos coñecer
son os prefixos meta- e orto- : Dalgúns ácidos se coñecen dúas formas, que
se diferencian no número de hidróxenos e osíxenos, de xeito que parecen
diferenciarse nun determinado número de moléculas de auga H2O. Por
exemplo, temos dous ácidos periódicos: o HIO4 e o H5IO6,
este é como se tivera 2 moléculas de auga máis que o primeiro. O prefixo meta-
se utiliza para indicar o ácido que ten menor contido en auga e o prefixo orto-
se utiliza para indicar o ácido que ten maior contido en auga. HIO4
é o ácido metaperiódico e H5IO6 é o ácido
ortoperiódico.
|
|
|
Se nos dan a fórmula |
|
Na
fórmula: Deducimos o número de oxidación do elemento
central, como vimos é o dobre dos osíxenos menos os hidróxenos, e segundo
sexa (máis alto, alto, baixo, ou máis baixo) poñemos a terminación que
corresponda (per- -ico, -ico, -oso, ou hipo- -oso).
|
|
|
Se nos dan o nome |
|
No nome:
A partir dos prefixos e sufixos deducimos o número de oxidación do elemento
central. O hidróxeno ten número de oxidación +1 e o osíxeno -2. Buscamos
logo uns coeficientes que fagan que a carga aportada polos osíxenos sexa igual
e de signo contrario á aportada polos hidróxenos e o elemento central.
|
|
|
Exemplos |
|
Exemplos dos oxiácidos máis comúns
por grupos:
HALÓXENOS: números de oxidación:
+1, +3, +5, +7. Dan oxiácidos
o Cl, Br, I pero non o F.
| Nº de oxidación (+1): HClO
|
ácido hipocloroso |
| Nº de oxidación (+3): HClO2
|
ácido cloroso |
| Nº de oxidación (+5): HClO3 |
ácido clórico |
| Nº de oxidación (+7): HClO4
|
ácido perclórico |
O oxiácido correspondente ó número de oxidación +3 para o iodo (I) non
ten existencia real e tampouco se coñece ningún derivado seu.
CALCÓXENOS: números de oxidación:
+4, +6. Estudiaremos os
oxiácidos
do S, Se, Te.
| Nº de oxidación (+4): H2SO3
|
ácido sulfuroso |
| Nº de oxidación (+6): H2SO4
|
ácido sulfúrico |
NITROXENOIDEOS: números de oxidación:
+3, +5. Estudiaremos os oxiácidos do N, P, As.
| Nº de oxidación (+3): HNO2 |
ácido nitroso |
| Nº de oxidación (+5): HNO3 |
ácido nítrico |
| Tamén se coñece o de N+1
:H2N2O2 |
ácido hiponitroso |
Hai que lembrar que os oxiácidos de P e As son distintos ós de N xa
que o número de H que levan é 3. Estes ácidos con dous hidróxenos máis,
denomínanse ácidos orto-, anque non é moi utilizado dito prefixo, pois
os ácidos meta non se coñecen.
| Nº de oxidación (+3): H3PO3
|
ácido fosfónico, fosforoso ou
ortofosfónico |
| Nº de oxidación (+5): H3PO4 |
ácido fosfórico ou ortofosfórico |
CARBONO E
SILICIO: número de oxidación: +4.
| Nº de oxidación (+4): H2CO3 |
ácido carbónico |
| Nº de oxidación (+4): (H2SiO3)n |
ácidos metasilícicos |
| Nº de oxidación (+4): H4SiO4 |
ácido ortosilícico |
CROMO E
MANGANESO: Non só forman ácidos
os non metais senón tamén moitos dos metais de transición, por exemplo o Cr e
Mn.
| Nº de oxidación (+6): H2CrO4 |
ácido crómico |
| Nº de oxidación (+6): H2Cr2O7 |
ácido dicrómico |
| Nº de oxidación (+6): H2MnO4 |
ácido mangánico |
| Nº de oxidación (+7): HMnO4 |
ácido permangánico |
|
|
|
Nomenclatura sistemática da
IUPAC |
|
Lembra que o obxectivo da nomenclatura sistemática
é que o nome reflicta a composición do composto, e hoxe ainda se pide máis,
que reflicta a composición estructural do composto. Así para os oxiácidos a IUPAC
propón dúas nomenclaturas, aparte de admitir como válida a
tradicional que estudiaches antes, unha é a nomenclatura aditiva e outra é a estequiométrica de hidróxeno.
A nomenclatura aditiva
baséase na estructura dos
ácidos ,nomeando de diferente forma os osíxenos que están unidos aos hidróxenos ácidos (hidroxo), os osíxenos unidos únicamente
ao
elemento central (oxo), e os hidróxenos unidos directamente ao átomo central (hidro).
Cada un de estes nomes acompáñase dos prefixos pertinentes: di-, tri-,
tetra-, etc. e se nomean por orde alfabética seguidos do nome do átomo
central
Prefixo-hidroxo-prefixo-oxo-ELEMENTO
CENTRAL
A nomenclatura estequiométrica de hidróxeno
baséase en
nomear cun prefixo: di-, tri-, tetra-, etc. os átomos que participan no ácido seguido do elemento central terminado en "-ato",
e a continuación "de hidróxeno" cos prefixos que nos indiquen o número
de hidróxenos.
Prefixo-oxo-ELEMENTO
CENTRAL-ato de
prefixo-hidróxeno
| Fórmula |
F. Estructural |
Nomenclatura aditiva
|
Nomenclatura estequiométrica
|
| HClO |
O(H)Cl |
clorohidroosíxeno |
oxoclorato de hidróxeno |
| HClO2 |
ClO(OH) |
hidroxooxocloro |
dioxoclorato
de hidróxeno |
| HClO3 |
ClO2(OH) |
hidroxodioxocloro |
trioxoclorato
de hidróxeno |
| HClO4 |
ClO3(OH) |
hidroxotrioxocloro |
tetraoxoclorato
de hidróxeno |
| H2SO3 |
SO(OH)2 |
dihidroxooxoxofre |
trioxosulfato de dihidróxeno |
| H2SO4 |
SO2(OH)2 |
dihidroxodioxoxofre |
tetraoxosulfato de dihidróxeno |
| HNO2 |
NO(OH) |
hidroxooxonitróxeno |
dioxonitrato de hidróxeno |
| HNO3 |
NO2(OH) |
hidroxodioxonitróxeno |
trioxonitrato
de hidróxeno |
| H3PO3 |
P(OH)3 |
trihidroxofósforo |
trioxofosfato de trihidróxeno |
| H3PO4 |
PO(OH)3 |
trihidroxooxofósforo |
tetraoxofosfato de
trihidróxeno |
| H2CO3 |
CO(OH)2 |
dihidroxooxocarbono |
trioxocarbonato
de dihidróxeno |
| H4SiO4 |
Si(OH)4 |
tetrahidroxosilicio |
tetraoxosilicato de
tetrahidróxeno |
| H2CrO4 |
CrO2(OH)2 |
dihidroxodioxocromo |
tetraoxocromato
de dihidróxeno |
| H2Cr2O7 |
(HO)Cr(O)2OCr(O)2(OH) |
μ-oxobis(hidroxodioxocromo) |
heptaoxodicromato de
dihidróxeno |
| H2MnO4 |
MnO2(OH)2 |
dihidroxodioxomanganeso |
tetraoxomanganato de
dihidróxeno |
| HMnO4 |
MnO3(OH) |
hidroxotrioxomanganeso |
tetraoxomanganato de
dihidróxeno |
|
|
|
Exercicios |
|
En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias
e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.
En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias
e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices,
por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

|
|
|
Inicio
| Introducción
| Nº oxidación
| Mecánica
| Tipos de substancias
| Substancias simples
| Óxidos de metais
| Óxidos de non metais
| Metal - Non metal
| Non metal - Non metal
| Hidruros
| Hidrácidos
| H + Non metal
| Hidróxidos
| Oxácidos
| Oxisales neutros
| Oxisales ácidos
| Exercicios
| Taboa periódica
| Enlaces
Autor da web: 
|
Se te foi útil esta web, agradezo
que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado.
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias
pola túa colaboración.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|