Hidróxidos

   
¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Exercicios 
   

¿Que son?

    Son compostos ternarios que conteñen un elemento metálico e tantas agrupacións OH (hidróxido) como o número de oxidación que manifeste o metal. Con máis propiedade poderíanse definir como combinacións entre catións metálicos e anións OH-.

¿Como se nomean?

    Segundo a nomenclatura de Stock noméanse cas palabras “hidróxido de” seguido do nome do metal e entre paréntese o número de oxidación, en números romanos, no caso de que teña máis de un.

    Hidróxido de METAL(N)

 

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: o número de oxidación do metal é igual ó número de ións OH-

 

Se nos dan o nome

    No nome: O número de oxidación do metal se non é fixo nolo teñen que dar entre paréntese, logo a fórmula terá tantos OH como indica o número de oxidación do metal.

 

Exemplos

 

LiOH  Hidróxido de litio
Ba(OH)2  Hidróxido de bario
Fe(OH)3  Hidróxido de ferro(III)
Cr(OH)3  Hidróxido de cromo(III)
Al(OH)3  Hidróxido de aluminio

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2

   

[ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ]  
Autor da web: [ ]

 

   
Google