O CO2, ou dióxido de carbono, é un gas fundamental nos procesos vitais. Requíreno as plantas na fotosíntesis e producímolo os seres vivos na respiración. Pero o abuso dos combustibles fósiles (carbón, petróleo, gas natural) incrementou a súa presenza na atmosfera ata niveis que poden comprometer o futuro do planeta a través do efecto invernadoiro. Este vídeo ilústranos este fenómeno: Documental curto sobre o efecto invernadoiro atmosférico. Gañador do premio Guillermo Zúñiga da Asociación Española de Cine Científico no Festival de Vídeo Científico da Habana, Cuba, 2006.
Para a súa nomenclatura empregaremos preferentemente a:
Nomenclatura estequiométrica: consiste en antepor á palabra
“óxido” un prefixo que nos indique o número de osíxenos seguida de
“de” e o nome do non metal cun prefixo que nos indique o número de átomos
dese non metal.
Os prefixos que indican o número de átomos son:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
mono-
di-
tri-
tetra-
penta-
hexa-
hepta-
octa-
nona-
deca-
undeca-
dodeca-
Prefixo-óxido de prefixo-NONMETAL
O prefixo mono- só se emprega antes que “óxido” e cando os
coeficientes estequiométricos sexan 1:1.
A IUPAC tamén
acepta a nomenclatura de
Stock para estes óxidos, anque é preferible empregar a nomenclatura
estequiométrica sempre que haxa só átomos non metálicos e a de Stock cando
haxa metais e non metais.
En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias
e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.
En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias
e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices,
por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.
Se te foi útil esta web, agradezo
que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado.
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias
pola túa colaboración.