Hidrácidos

   
¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Exercicios 
   

¿Que son?

    Son combinacións do hidróxeno cos Calcóxenos (grupo 16) e os Halóxenos (grupo 17).

    O hidróxeno actúa con número de oxidación +1, e son os únicos compostos binarios de hidróxeno onde o hidróxeno se formula á esquerda.    

¿Como se nomean?

    Noméase o non metal terminado en “-uro” seguido de “de” e a palabra “hidróxeno”. Tamén se poden nomear coa raíz do elemento que acompaña ao hidróxeno e o sufixo -ano.

    NONMETAL-uro de hidróxeno

    Estes compostos denomínanse hidrácidos pola propiedade de que ó disolvelos en auga dan disolucións ácidas, é dicir, ceden hidróxeno con facilidade. Faise notar esta circunstancia co subíndice (aq) que indica disolución acuosa.

    Neste caso noméanse ca palabra "ácido" e o nome do non metal terminado en -hídrico.

    Ácido NONMETAL-hídrico

 

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: Noméase o non metal terminado en “-uro”.

    Na fórmula: noméase como "ácido" e o nome do non metal terminado en -hídrico.

 

Se nos dan o nome

    No nome: O número de hidróxenos coincide co número de oxidación do non metal.

    No nome: O número de hidróxenos coincide co número de oxidación do non metal.

 

Exemplos

    Dentro deste grupo tamén podemos formular o HCN que presenta un hidróxeno ácido unido ó grupo cianuro que contén un triple enlace. Noméase como cianuro de hidróxeno, pero en disolución será ácido cianhídrico.

 

Nome sistemático

 

Nome en disolución acuosa

HF Fluoruro de hidróxeno ou fluorano HF(aq)  Ácido fluorhídrico
HCl Cloruro de hidróxeno ou clorano HCl(aq)  Ácido clorhídrico
HBr Bromuro de hidróxeno ou bromano HBr(aq) Ácido bromhídrico
HI Ioduro de hidróxeno ou iodano HI(aq) Ácido iodhídrico
H2S Sulfuro de hidróxeno ou sulfano H2S(aq)  Ácido sulfhídrico
H2Se Seleniuro de hidróxeno ou selano H2Se(aq) Ácido selenhídrico
H2Te Telururo de hidróxeno ou telano H2Te(aq)  Ácido telurhídrico
HCN Cianuro de hidróxeno HCN(aq)  Ácido cianhídrico

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2

   

[ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ]  
Autor da web: [ ]

 

   
Google