|
O elemento que se escribe á esquerda é o máis
electropositivo (o que ten número de oxidación positivo), e á
dereita escríbese o máis electronegativo (o que ten número
de oxidación negativo). Estas posicións, en xeral, coinciden coa
localización que teñen estes elementos na táboa periódica,
os electropositivos á esquerda e os electronegativos á dereita.
¿Pero cantos átomos de cada elemento terá unha fórmula?
En todo composto químico neutro, o número de oxidación
aportado pola parte electropositiva debe coincidir en valor absoluto co da parte
electronegativa, é dicir, a carga total debe ser nula. Polo tanto debemos
calcular cantos átomos de cada elemento debe haber para que o composto
sexa electricamente neutro.
¿Que compostos darán os hipotéticos
átomos A e B con diferentes números de oxidación?
| Átomo A |
Átomo B |
Átomos
de cada para que o composto sexa neutro |
Fórmula |
Exemplo |
|
| A+I |
B-I |
(+1)+(-1)=0 |
AB |
Na+
Cl- |
NaCl |
| A+II |
B-I |
(+2)+2(-1)=0 |
AB2 |
Ca+2
Br- |
CaBr2 |
| A+II |
B-III |
3(+2)+2(-3)=0 |
A3B2 |
Mg+2
N-3 |
Mg3N2 |
| A+IV |
B-II |
(+4)+2(-2)=0 |
AB2 |
Pb+4
O-2 |
PbO2 |
|
|
Noméase primeiro o elemento que escribimos á dereita na fórmula
e despois o elemento que se escribe á esquerda.
Se un elemento ten varios números de oxidación nolo van indicar
no nome, na nomenclatura de Stock, como se verá logo, ou se usará
a nomenclatura estequiométrica na que non se usan os números de
oxidación. Pero si será necesario saber os números de oxidación
dos elementos que teñen número de oxidación fixo, polo
que debes dedicarlle un pouco de tempo á táboa de
números
de oxidación.
|