Son combinacións do hidróxeno cos
metais, nas que o H
ten número de oxidación -1.
Os hidruros dos
grupos 1 e 2 teñen un carácter iónico máis acentuado que os dos grupos 13 e
14, que se caracterizan por posuír un carácter covalente importante. Pero a
efectos de nomenclatura os nomearemos igual, agás o hidruro de boro que polo
seu carácter non metálico o nomearemos dentro dos compostos de H + non metal.
En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias
e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.
En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias
e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices,
por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.
Se te foi útil esta web, agradezo
que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado.
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias
pola túa colaboración.