Oxisales ácidos

   
¿Que son? ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome Exemplos Nomenclatura sistemática da IUPAC  |  Exercicios 
   

¿Que son?

    Os oxiácidos con máis dun hidróxeno non os ceden todos con igual facilidade. Fórmanse ións que aínda conteñen átomos de H. Estes ións pódense combinar con catións dando lugar ós sales ácidos.

¿Como se nomean?

    Noméanse igual que os sales neutros engadindo os prefixos hidróxeno- ou dihidróxeno- diante do nome do sal neutro correspondente.

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula:   NaHCO3

a) Disociamos o sal nos seus ións

A partir da carga do catión (ión positivo) deducimos a carga do anión (ión negativo).

b) Deducimos o número de oxidación do átomo central, sabendo que o osíxeno ten número de oxidación -2 e o hidróxeno +1.

c) Lembrar os números de oxidación con que poden actuar os elementos centrais, e asignar prefixos e sufixos.

Séguese a nomenclatura de Stock, polo tanto se o metal pode ter outros números de oxidación indícase entre paréntese o que ten no composto.

Se nos dan o nome

    No nome: Hidroxenosulfito de sodio

a) Indicar cal é o catión. De ter varios posibles números de oxidación nolo teñen que indicar pola nomenclatura de Stock. E deducir polos prefixos e sufixos o número de oxidación do elemento central que participa no anión:

b) Formular o oxiácido de S+4

c) Deducir o anión a partir do ácido. O anión queda con tantas cargas negativas como hidróxenos perde o ácido. Escribir o composto de xeito que sexa electricamente neutro, colocando uns coeficientes estequiométricos que nos indiquen cantos catións e anións participan na fórmula.

 

Exemplos

 

  Catión Anión

Nome

NaHCO3 Na+ HCO3-  Hidroxenocarbonato de sodio
Fe(HSO4)3 Fe HSO4-  Hidroxenosulfato de ferro(III)
Ca(HSO3)2 Ca HSO3-  Hidroxenosulfito de calcio
Ca(H2PO4)2 Ca H2PO4-  Dihidroxenofosfato de calcio
K2HPO4 K+ HPO4-  Hidroxenofosfato de potasio

 

Nomenclatura sistemática da IUPAC

      Igual que nos oxiácidos utilizamos dúas nomenclaturas: a aditiva e a estequiométrica.

      Nomenclatura aditiva dos anións: baséase na estructura dos anións, nomeando de diferente forma os osíxenos que están unidos aos hidróxenos ácidos (hidroxo),  os osíxenos unidos únicamente ao elemento central (oxo), e os hidróxenos unidos directamente ao átomo central (hidro). Cada un destes nomes  acompáñase dos prefixos pertinentes: di-, tri-, tetra-, etc. e se nomean por orde alfabética seguidos do nome do átomo central terminado en -ato, e entre paréntese a carga do anión (segundo o sistema de Ewens-Bassett).

      Nomenclatura estequiométrica dos anións: se baséase en nomear cun prefixo: di-, tri-, tetra-, etc. os hidróxenos e os átomos que participan no anión seguido do elemento central terminado en "-ato", e entre paréntese a carga do anión (segundo o sistema de Ewens-Bassett).

Anión

Nomenclatura aditiva

Nomenclatura estequiométrica

 HCO3-  Hidroxodioxocarbonato(1-)  Hidrogenotrioxocarbonato(1-)
 H2PO4-  Dihidroxodioxofosfato(1-)  Dihidrogenotrioxofosfato(1-)
 HPO42-  Hidroxotrioxofosfato(2-)  Hidrogenotetraoxofosfato(2-)
 HSO3-  Hidroxodioxosulfato(1-)  Hidrogenotrioxosulfato(1-)
 HSO4-  Hidroxotrioxosulfato(1-)  Hidrogenotetraoxosulfato(1-)
 HSeO3-  Hidroxodioxoseleniato(1-)  Hidrogenotrioxoseleniato(1-)
 HSeO4-  Hidroxotrioxoseleniato(1-)  Hidrogenotetraoxoseleniato(1-)

       Nomenclatura aditiva dos sales: Escríbese o nome do anión seguido do nome do catión, coa carga segundo o sistema de Ewens-Bassett en cantións que non teñan número de oxidación fixo.

      Nomenclatura estequiométrica dos sales: Escríbese o nome do anión sen a carga, se é necesario cos prefixos bis, tris, tetrakis, pentakis, hexakis, etc. que nos indican a repetición do anión poliatómico. Seguido do catión, cos prefixos di, tri, tetra, etc que nos indican a repetición do catión.

Sal

Nomenclatura aditiva

Nomenclatura estequiométrica

 NaHCO3  Hidroxodioxocarbonato(1-) de sodio  Hidrogenotrioxocarbonato de sodio
 Ca(H2PO4)2  Dihidroxodioxofosfato(1-) de calcio  Bis(dihidrogenotrioxofosfato) de calcio
 K2HPO4  Hidroxotrioxofosfato(2-) de potasio  Hidrogenotetraoxofosfato de dipotasio
 Fe(HSO3)2  Hidroxodioxosulfato(1-) de ferro(2+)  Bis(hidrogenotrioxosulfato) de ferro
 AgHSO4  Hidroxotrioxosulfato(1-) de prata  Hidrogenotetraoxosulfato de prata
 Ba(HSeO3)2  Hidroxodioxoseleniato(1-) de bario  Bis(hidrogenotrioxoseleniato) de bario
 Fe(HSeO4)3  Hidroxotrioxoseleniato(1-) de ferro(3+)  Tris(hidrogenotetraoxoseleniato) de ferro

 

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas 1 Nomes 1 Fórmulas 2 Nomes 2 Fórmulas IUPAC 1 Nomes IUPAC 1 Fórmulas IUPAC 2 Nomes IUPAC 2

   

[ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ]  
Autor da web: [ ]

 

   
Google