|
Nomenclatura estequiométrica: Noméase o non metal da
dereita rematado en “-uro” cun prefixo que indique o número de átomos
que interveñen, seguido do nome do outro non metal cun prefixo que indique o
número de átomos que interveñen.
Prefixo-NONMETAL-uro de prefixo-NONMETAL
Para saber neste tipo de compostos que elemento vai á dereita e que
elemento vai á esquerda séguense as posicións da seguinte lista:
B,
Si, C, Sb, As, P, N, Te, Se, S, I, Br, Cl, O, F.
Pero non te preocupes
as fórmulas en xeral danse correctamente.
|
|
En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias
e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.
En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias
e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices,
por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.
|