Problemas de FQ de 1º de Bacharelato

1. Unidades 2. A materia 3. Formulación 4. Reaccións 5. Termoquímica 6. O carbono 7. Cinemática 8. Movementos 9. Dinámica 10. Enerxía 11. Gravitación 12. Electricidade

PROBLEMAS DE FÍSICA E QUÍMICA

Paga a pena pararse un pouco a pensar como se resolve un problema de Física e Química

1º, LE con moita atención o enunciado. Nel están as pistas que che permiten resolver o problema. O enunciado é como o lugar do crime, e ti es o inspector que debe atopar as pistas que axuden a resolver o caso.

2º, VOLVE A LER o problema. Case nunca unha lectura única permíteche entender todas as claves do problema. Este punto pódelo repetir todas as veces que faga falta. Parecerache mentira pero este é un punto que axuda moito a sacar boa nota nos exames.

3º, DATOS: Entresaca do enunciado os datos relevantes, os que che poidan axudar na resolución. Ás veces hai datos non útiles como os nomes dos personaxes, a temperatura ambiente nun problema de movemento, etc. Identifica os datos coas magnitudes ás que pertencen. Transforma as unidades se non son do Sistema Internacional.

4º, FORMULACIÓN: É importante facer un debuxo ou esquema. Nel podes indicar os datos, e a incógnita que se pregunta. Busca a ecuación ou fórmula que relacione as magnitudes do problema. Ás veces terás que despexar a variable que é a incógnita. Logo substitúe os datos e fai os cálculos.

5º, SOLUCIÓN: Remarca a solución. Pódese responder cunha frase á pregunta do problema. Non esquezas as unidades que acompañan ao valor numérico da solución.

6º, REPASA O PROBLEMA: Comproba despexar ben na fórmula. Repasa os cálculos (se podes usar calculadora non se perde moito tempo). Comproba que puxeches as unidades na solución. Analiza logo o resultado para comprobar que é un resultado lóxico. Ten en conta tamén os signos.

Os temas que presentan problemas numéricos son:
  1. CONCEPTOS
  2. SISTEMA INTERNACIONAL DE UNIDADES
  3. NOTACIÓN CIENTÍFICA
  4. COMO PASAR UN NUMERO A NOTACIÓN CIENTÍFICA
  5. COMO PASAR DE NOTACIÓN CIENTÍFICA A NUMERO DECIMAL
  6. COMPARAR NÚMEROS EN NOTACIÓN CIENTÍFICA
  7. A NOTACIÓN CIENTÍFICA NA CALCULADORA
  8. CIFRAS SIGNIFICATIVAS
  9. CIFRAS SIGNIFICATIVAS EN OPERACIÓNS
  10. CAMBIO DE UNIDADES
  11. MÉTODO DOS FACTORES DE CONVERSIÓN
  12. CAMBIADOR DE UNIDADES
  1. INTRODUCCIÓN
  2. CLASIFICACIÓN DAS SUBSTANCIAS
  3. LEIS CLÁSICAS DAS REACCIÓNS QUÍMICAS
  4. MODELO ATÓMICO DE DALTON
  5. LEI DE GAY-LUSSAC E HIPÓTESE DE AVOGADRO
  6. MASA ATÓMICA E MASA MOLECULAR
  7. O MOL
  8. COMPOSICIÓN CENTESIMAL DUN COMPOSTO
  9. FÓRMULA EMPÍRICA E FÓRMULA MOLECULAR
  10. OS GASES
  11. CONCENTRACIÓNS
  12. PROPIEDADES COLIGATIVAS
  1. NÚMERO DE OXIDACIÓN
  2. TABOA DE NÚMERO DE OXIDACIÓN
  3. MECÁNICA DO PROCESO DE FORMULACIÓN
  4. TIPOS DE SUBSTANCIAS
  5. SUBSTANCIAS SIMPLES
  6. ÓXIDOS DE METAIS
  7. ÓXIDOS DE NON METAIS
  8. COMPOSTOS METAL-NON METAL
  9. COMPOSTOS NON METAL-NON METAL
  10. HIDRUROS
  11. HIDRÁCIDOS
  12. HIDRÓXENO CON NON METAL
  13. HIDRÓXIDOS
  14. OXÁCIDOS
  15. OXISALES NEUTRAS
  16. OXISALES ÁCIDAS
  1. REACCIÓNS QUÍMICAS
  2. ECUACIÓNS QUÍMICAS
  3. AXUSTE DE ECUACIÓNS QUÍMICAS
  4. TIPOS DE REACCIÓNS
  5. CÁLCULOS ESTEQUIOMÉTRICOS
  1. OBXECTIVO DA TERMOQUÍMICA
  2. DEFINICIÓNS BÁSICAS
  3. PRIMEIRO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA
  4. CALORES DE REACCIÓN. ENTALPÍA
  5. ENTALPÍA DE REACCIÓN. DIAGRAMAS ENTÁLPICOS
  6. MEDIDAS CALORIMÉTRICAS
  7. ENTALPÍA DE REACCIÓN
  8. LEI DE HESS
  9. ENTALPÍA NORMAL DE FORMACIÓN
  10. ENTALPÍA DE REACCIÓN A PARTIR DE ENTALPÍAS DE FORMACIÓN
  11. ESPONTANEIDADE. CONCEPTO DE ENTROPÍA.
  12. ENTROPÍA DE REACCIÓN A PARTIR DE ENTROPÍAS ABSOLUTAS
  13. CRITERIO DE ESPONTANEIDADE. ENERXÍA LIBRE DE GIBBS
  14. ENERXÍA LIBRE NORMAL DE FORMACIÓN
  15. ENERXÍA LIBRE DE REACCIÓN A PARTIR DE ENERXÍAS LIBRES DE FORMACIÓN
  1. QUÍMICA DO CARBONO
  2. FÓRMULAS QUÍMICAS
  3. CADEAS DE CARBONO
  4. ISOMERÍA
  5. FUNCIÓN QUÍMICA E GRUPO FUNCIONAL
  6. NOMENCLATURA
  7. EXERCICIOS
  1. MECÁNICA
  2. QUE É O MOVEMENTO?
  3. COORDENADAS DUN MÓBIL
  4. VECTOR DE POSICIÓN
  5. VECTOR DESPRAZAMENTO
  6. TRAXECTORIA E DISTANCIA PERCORRIDA
  7. VELOCIDADE MEDIA
  8. VELOCIDADE INSTANTÁNEA
  9. ACELERACIÓN MEDIA
  10. ACELERACIÓN INSTANTÁNEA
  11. COMPOÑENTES INTRÍNSECAS DA ACELERACIÓN
  12. POSICIÓN ANGULAR
  13. VELOCIDADE ANGULAR
  14. ACELERACIÓN ANGULAR
  15. RESUME DERIVADAS
  1. TIPOS DE MOVEMENTOS
  2. MOVEMENTO RECTILÍNEO UNIFORME
  3. GRÁFICAS DO M.R.U.
  4. PROBLEMAS DE ALCANCES E CRUCES NO M.R.U.
  5. MOVEMENTO RECTILÍNEO UNIFORMEMENTE ACELERADO
  6. GRÁFICAS DO M.R.U.A.
  7. MOVEMENTO VERTICAL
  8. CONVENIO DE SIGNOS
  9. COMPOSICIÓN DE MOVEMENTOS
  10. MOVEMENTO CIRCULAR UNIFORME
  11. MOVEMENTO CIRCULAR UNIFORMEMENTE ACELERADO
  12. MOVEMENTO HARMÓNICO SIMPLE
  1. CONCEPTO DE FORZA
  2. MEDIDA DA FORZA
  3. AS FORZAS SON VECTORES
  4. O PESO
  5. PRIMEIRA LEI DE NEWTON: LEI DA INERCIA
  6. SEGUNDA LEI DE NEWTON: LEI FUNDAMENTAL DA DINÁMICA
  7. TERCEIRA LEI DE NEWTON: LEI DE ACCIÓN E REACCIÓN
  8. FORZA NORMAL
  9. FORZA DE ROZAMENTO
  10. MOMENTO LINEAL OU CANTIDADE DE MOVEMENTO
  11. TEOREMA DO IMPULSO MECÁNICO
  12. PRINCIPIO DE CONSERVACIÓN DA CANTIDADE DE MOVEMENTO
  1. CONCEPTO DE ENERXÍA
  2. TIPOS DE ENERXÍA
  3. MATERIA E ENERXÍA
  4. TRABALLO E POTENCIA
  5. ENERXÍA MECÁNICA
  6. ENERXÍA MECÁNICA E TRABALLO
  7. PRINCIPIO DE CONSERVACIÓN DA ENERXÍA MECÁNICA

 

 

1. Unidades 2. A materia 3. Formulación 4. Reaccións 5. Termoquímica 6. O carbono 7. Cinemática 8. Movementos 9. Dinámica 10. Enerxía 11. Gravitación 12. Electricidade