Táboa 5

 

Arriba Táboa 1 Táboa 2 Táboa 3 Táboa 4 Táboa 5

Contesta a cada unha das cuestións. Premendo o botón CORRIXIR poderás avaliar o exercicio. O botón BORRAR permite repetilo.
Comproba que sabes da Táboa Periódica e dos elementos químicos. Boa sorte.

Adiviña cal é?

1. Metal utilizado en piercings, chamado durante moitos anos columbio, recibe o seu nome da filla de Tántalo. É o...
a) Mo b) Nb c) Pd d) Ru e) Re
2. Metal descuberto por William Hyde Wollaston (inglés) en 1803, recibe o nome dun asteroide descuberto o ano anterior, úsase amplamente como catalizador en reaccións de hidroxenación. É o...
a) Co b) Ag c) Pt d) Pd e) Re
3. Metal descuberto por Axel Fredrik Cronstedt (sueco) 1751, o seu nome vén da expresión alemá "cobre do diaño" que gritaban os mineiros cando atopaban un mineral con aparencia de cobre pero que non o era, úsase nas moedas de euro. É o...
a) Pd b) Ge c) Ga d) Zn e) Ni
4. Metal descuberto por Georg Brandt (sueco) 1735, o seu nome vén da palabra alemá que se usa para un trasgo, os mineiros pensaban que as minas deste metal estaban habitadas por trasgos que mataban a quen os molestaban, este metal forma parte da vitamina B12. É o...
a) Cr b) Co c) Mg d) Mn e) Ti
5. Metal descuberto por William Gregor (inglés) 1791, o seu nome provén dos fillos de Urano, úsase como colorante en pinturas, para a fabricación de prótese e en piercings. É o...
a) Ti b) Pt c) Mo d) Ru e) Rh
6. Metal descuberto polos irmáns Juan José e Fausto Elhúyar e Zubice (españois) en 1783, o seu nome provén das palabras alemás que significan "lobo sucio" pois contaminaba as menas de estaño, úsase nas lámpadas de incandescencia que aos poucos están desaparecendo para dar paso ás de baixo consumo, as puntas dos bolígrafos tamén o usan. É o...
a) Pt b) V c) W d) Ti e) Pd
7. Metal coñecido desde a antigüidade, o seu mineral a casiterita importábano os gregos desde as illas Kasseterides, que puidesen ser as Illas Cíes galegas, o que si é seguro é que o contiñan as famosas latas de conservas galegas. É o...
a) Cd b) Zn c) Fe d) Sn e) Cs
8. Elemento descuberto por Hennig Brand (alemán) 1669 quentando ouriños concentrados en ausencia de aire, o seu nome grego significa "portador de luz", ten unha importancia biolóxica notable na almacenaxe e transporte de enerxía nas células. É o...
a) N b) P c) As d) F e) Se
9. Elemento descuberto por Jöns Jacob Berzelius (sueco) 1817, o seu nome está relacionado coa Lúa, utilízase en células fotovoltaicas e en rectificadores de corrente, é un micronutriente para todas as formas de vida, é antioxidante, e estimula o sistema inmunológico. É o...
a) Se b) Te c) P d) N e) Sb
10. Elemento descuberto por Friedich Ernst Dorn (alemán) en 1900, aínda que un ano antes os esposos Curie atópano nas emanaciones de elementos radioactivos. Gas altamente radioactivo, segunda causa de morte por cancro de pulmón despois do tabaco. Libérao a cortiza terrestre en zonas de rocas graníticas, e a súa medición pode permitir a detección de terremotos. É o...
a) At b) Ra c) Po d) Rn e) Xe
 

   

 

 

 


Inicio | Introducción | Nº oxidación | Mecánica | Tipos de substancias | Substancias simples | Óxidos de metais | Óxidos de non metais | Metal - Non metal | Non metal - Non metal | Hidruros | Hidrácidos | H + Non metal | Hidróxidos | Oxácidos | Oxisales neutros | Oxisales ácidos | Exercicios | Taboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licencia Creative Commons
Esta obra está baixo unha Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química