Ácidos carboxílicos

¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Caracterízanse por ter o grupo "carboxilo" -COOH  no extremo da cadea.  

¿Como se nomean?

    Noméanse antepondo a palabra "ácido" ó nome do hidrocarburo do que proceden e coa terminación "-oico".  

ácido etanoico

    Son numerosos os ácidos dicarboxílicos, que se nomean coa terminación "-dioico"

ácido propanodioico

    De cotío séguese utilizando o nome tradicional, aceptado pola   IUPAC, para moitos deles, fíxate nos exemplos.

    Cando os grupos carboxílicos atópanse nas cadeas laterais, noméanse utilizando o prefixo "carboxi-" e cun número localizador desa función. Anque no caso de que haxa moitos grupos ácidos tamén se pode nomear o composto pospoñendo a palabra "tricarboxílico", "tetracarboxílico", etc., ó hidrocarburo do que proceden. 

ácido 2-carboxipentanodioico ou ácido 1,1,3-propanotricarboxílico

 

Se nos dan a fórmula

 

    Coloca os localizadores dende o carbono do carboxilo. Despois da palabra ácido escribe o nome do hidrocarburo terminado en -oico.

Se nos dan o nome

 

    Sobre o esqueleto de carbonos sitúa o carboxilo nun extremo, e os radicais ou insaturacións no localizador correspondente. Completa despois os hidróxenos.

Exemplos

 

ác. metanoico

(ác. fórmico)

ác. etanoico

(ác. acético)
ác. propenoico

ác. bencenocarboxílico

(ác. benzoico)

ác. propanodioico

(ác. malónico)

1,1,3-propanotricarboxílico

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

 


Inicio | Introducción | Conceptos previos | Tipos de compostos | Alcanos | Alquenos | Alquinos | H. cíclicos | H. aromáticos | Haloxenuros | Alcohois | Fenois | Éteres | Aldehidos | Cetonas | Ac. carboxílicos | Ésteres | Aminas | Amidas | Nitrocompostos | Nitrilos | Exercicios | Moléculas 3D | Táboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.