Aminas

   
¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Pódense considerar compostos derivados do amoníaco (NH3) ó substituír un, dous ou tres dos seus hidróxenos por radicais alquílicos ou aromáticos. Segundo o número de hidróxenos que se substitúan denomínanse aminas primarias, secundarias ou terciarias.

 

¿Como se nomean?

    Noméanse engadindo ó nome do radical hidrocarbonado o sufixo "-amina". 

metilamina

    Nas aminas secundarias e terciarias, se un radical se repite utilízanse os prefixos "di-" ou "tri-", anque, frecuentemente, e para evitar confusións, escóllese o radical maior e os demais noméanse antepondo unha N para indicar que están unidos ó átomo de nitróxeno.   

N-etil-N-metil-propilamina

    Cando as aminas primarias non forman parte da cadea principal noméanse como substituíntes da cadea carbonada co seu correspondente número localizador e o prefixo "amino-".   

ácido 2-aminopropanoico

    Cando varios N formen parte da cadea principal noméanse co vacablo aza.

2,4,6-triazaheptano

    Os N que non formen parte da cadea principal noméanse como amino-, aminometil-, metilamino-, etc.

2-amino-3-aminometil-5-metilamino-1,6-hexanodiamina

 

Se nos dan a fórmula

 

    Nomea o radical máis importante unido ó nitróxeno  terminado en -amina. Antes nomea os demais radicais unidos ó nitróxeno precedidos da letra N.

Se nos dan o nome

 

    O radical seguido do sufixo -amina é o principal. Os radicais precedidos da N están unidos ó nitróxeno do grupo amina.

Exemplos

 

metilamina
trimetilamina
N-metiletilamina
N-etil-N-metilpropilamina

fenilamina

(anilina)

ácido 2-aminopropanoico

 

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

   

[ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ]  
Autor da web: [ ]

   
Google