Éteres

¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Son compostos que resultan da unión de dous radicais alquílicos ou aromáticos a través dunha ponte de osíxeno -O-.  

¿Como se nomean?

    Noméanse interpoñendo a partícula "-oxi-" entre os dous radicais. Considérase o composto como derivado do radical máis complexo, así diremos metoxietano, e non etoximetano.

metoxietano

    Tamén podemos nomear os dous radicais, por orde alfabética, seguidos da palabra "éter". 

etil isopropil éter

    En éteres complexos podemos empregar outros métodos:

    Se os grupos unidos ó osíxeno son iguais e posúen unha función preferente sobre a éter, despois dos localizadores da función éter se pon a partícula oxi- e o nome dos grupos principais.

3,3'-oxidipropan-1-ol

    Se aparecen varios grupos éter noméanse como se cada un substituíra a un CH2 a través da partícula -oxa-.

3,6-dioxaheptan-1-ol

    Se un grupo éter está unido a dous carbonos contíguos dun hidrocarburo nomése coa partícula epoxi-.

2,3-epoxibutano

 

Se nos dan a fórmula

 

    Sinala os radicais. Despois de nomealos por orde alfabética escribe a palabra éter.

Se nos dan o nome

 

    Sitúa os radicais separados polo O característico do grupo éter.

Exemplos

 

metoxietano

etil metil éter

etoxieteno

etenil etil éter

etil vinil éter

metoxibenceno

fenil metil éter

1-isopropoxi-2-metilpropano

isobutil isopropil éter

 

bencil fenil éter
4-metoxi-2-penteno

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

 


Inicio | Introducción | Conceptos previos | Tipos de compostos | Alcanos | Alquenos | Alquinos | H. cíclicos | H. aromáticos | Haloxenuros | Alcohois | Fenois | Éteres | Aldehidos | Cetonas | Ac. carboxílicos | Ésteres | Aminas | Amidas | Nitrocompostos | Nitrilos | Exercicios | Moléculas 3D | Táboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.