Haloxenuros de alquilo

   
¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Son hidrocarburos que conteñen átomos de halóxeno na súa molécula: R-X, Ar-X.

¿Como se nomean?

    Anque non son hidrocarburos propiamente ditos, ó non estar formados unicamente por hidróxeno e carbono, considéranse derivados destes no referente á súa nomenclatura e formulación.  

·        Noméanse citando en primeiro lugar o halóxeno seguido do nome do hidrocarburo, indicando, se é necesario, a posición que ocupa o halóxeno na cadea, a sabendas de que os dobres e triples enlaces teñen prioridade sobre o halóxeno na asignación dos números.  

1-clorobutano

·        Se aparece o mesmo halóxeno repetido, utilízanse os prefixos di, tri, tetra, etc.  

3,3,4-tricloro-1-buteno

·        Cando tódolos hidróxenos dun hidrocarburo están substituídos por un halóxeno anteponse o prefixo per- ó nome do halóxeno.

percloropentano

 

Se nos dan a fórmula

 

    Se non hai insaturacións comeza a contar os carbonos polo extremo que teña máis próximo un halóxeno, en caso contrario as insaturacións teñen preferencia. Escribe os halóxenos precedidos dos localizadores e o nome do correspondente hidrocarburo.

Se nos dan o nome

 

    Sobre o esqueleto de carbonos do hidrocarburo sitúa os halóxenos e completa con hidróxenos.

Exemplos

 

1-cloro-propano
2,3-dibromo-butano
1-bromo-2-buteno

1,2-dicloro-benceno

o-dicloro-benceno

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2    

   

[ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ]  
Autor da web: [ ]

   
Google