Hidrocarburos cíclicos

¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Son hidrocarburos de cadea pechada. Os ciclos tamén poden presentar insaturacións.

¿Como se nomean?

    Os hidrocarburos cíclicos noméanse igual que os hidrocarburos (alcanos, alquenos ou alquinos) do mesmo número de átomos de carbono, pero antepondo o prefixo "ciclo-".

ciclobutano

    Se o ciclo ten varios substituintes numéranse de forma que reciban os localizadores máis baixos, e ordénanse por orde alfabética. No caso de que haxa varias opcións decidirá a orde de preferencia alfabética dos radicais.

1-etil-3-metil-5-propilciclohexano

    No caso de aneles con insaturacións, os carbonos numéranse de modo que ditos enlaces teñan os números localizadores máis baixos.  

3,4,5-trimetilciclohexeno

    Se o composto cíclico ten cadeas laterais máis ou menos extensas, convén nomealo como derivado dunha cadea lateral. Nestes casos, os hidrocarburos cíclicos nomearíanse como radicais coas terminacións "-il", "-enil", ou "-inil". 

3-ciclohexil-4-ciclopentil-2-metilhexano

 

Se nos dan a fórmula

 

    Sitúa os localizadores sobre os carbonos do ciclo tendo en conta que debes conseguir os valores máis baixos para os mesmos. Nomea os radicais, cos correspondentes localizadores, por orde alfabética seguidos do nome do hidrocarburo de igual número de carbonos do ciclo, precedido do prefixo ciclo-.

Se nos dan o nome

 

    Sobre o ciclo de átomos de carbono sitúa os radicais a partir dos localizadores. Se hai un dobre enlace comézase a contar a partir do mesmo. Por último completa o esqueleto de carbonos cos hidróxenos.

Exemplos

 

ciclopropano
ciclobutano
ciclopentano
ciclohexano
ciclohexeno
1,5-ciclooctadieno
1,1,2-trimetilciclopentano
4-etil-4,5-dimetilciclohexeno

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

 


Inicio | Introducción | Conceptos previos | Tipos de compostos | Alcanos | Alquenos | Alquinos | H. cíclicos | H. aromáticos | Haloxenuros | Alcohois | Fenois | Éteres | Aldehidos | Cetonas | Ac. carboxílicos | Ésteres | Aminas | Amidas | Nitrocompostos | Nitrilos | Exercicios | Moléculas 3D | Táboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.