Amidas

   
¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Derivan dos ácidos carboxílicos por substitución do seu grupo -OH por un grupo 

dando lugar a amidas sinxelas, amidas N-substituídas o N, N-disubstituídas. 

 

¿Como se nomean?

    Noméanse como o ácido do que proveñen, pero coa terminación "-amida". 

etanamida ou acetamida

    Se se trata de amidas substituídas hai que especificar os radicais unidos ó nitróxeno antepondo a letra N. 

N-metil-etanamida

    Utilízase o sufixo -carboxamida para o grupo -CO-NH2 cando o ácido de referencia noméase usando o sufixo -carboxílico.

1,2,4-butanotricarboxamida

    Cando a función amida non é a principal, o grupo -CO-NH2 noméase polo prefixo carbamoil-, e un grupo como -CO-NH-CH3 polo prefixo metilcarbamoil-. O grupo -NH-CO-CH3 noméase como acetamido-, e o grupo -NH-CO-CH2-CH2-CH3 como propanocarboxamido-.

ácido 4-carbamoilhexanoico
ácido 4-etanocarboxamidohexanoico

 

Se nos dan a fórmula

 

    Nomea os radicais unidos ó nitróxeno precedidos da N. Logo nomea a cadea que contén o carbonilo terminada en -amida.

Se nos dan o nome

 

    A raíz anterior ó sufixo -amida é a cadea principal. Despois do nitróxeno sitúa os radicais precedidos da N. Completa logo os hidróxenos.

Exemplos

 

etanamida ou acetamida
benzamida
N-metiletanamida ou

N-metilacetamida 

N-metilbenzamida
diacetamida
N-metildiacetamida

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2

   

[ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ] [ ]  
Autor da web: [ ]

   
Google