Hidrocarburos aromáticos

¿Que son?  |  ¿Como se nomean?  |  Se nos dan a fórmula  |  Se nos dan o nome  |  Exemplos  |  Modelos moleculares | Exercicios
   

¿Que son?

    Son hidrocarburos derivados do benceno. O benceno caracterízase por unha inusual estabilidade, que lle ven dada pola particular disposición dos dobres enlaces conxugados.

¿Como se nomean?

    Reciben este nome debido ós cheiros intensos, normalmente recendentes, que presentan na súa maioría. O nome xenérico dos hidrocarburos aromáticos mono e policíclicos é "areno" e os radicais derivados deles chámanse radicais "arilo". Todos eles pódense considerar derivados do benceno, que é unha molécula cíclica, de forma hexagonal e cunha orde de enlace intermedia entre un enlace sinxelo e un dobre enlace. Experimentalmente compróbase que os seis enlaces son equivalentes, de aí que a molécula de benceno se represente como unha estructura resoante entre as dúas fórmulas propostas por Kekulé, en 1865, segundo o seguinte esquema:  

·        Cando o benceno leva un radical noméase primeiro dito radical seguido da palabra "-benceno". 

clorobenceno, metilbenceno (tolueno) e nitrobenceno

·        Se son dous os radicais indícase a súa posición relativa dentro do anelo bencénico mediante os números 1,2; 1,3 ó 1,4, tendo o número 1 o substituinte máis importante. Sen embargo, nestes casos séguese utilizando os prefixos "orto", "meta" e "para" para indicar esas mesmas posicións do segundo substituinte.  

  1. 1,2-dimetilbenceno, (o-dimetilbenceno) ou (o-xileno)
  2. 1,3-dimetilbenceno, (m-dimetilbenceno) ou (m-xileno)
  3. 1,4-dimetilbenceno, (p-dimetilbenceno) ou (p-xileno)

·        No caso de haber máis de dous substituíntes, numéranse de forma que reciban os localizadores máis baixos, e ordénanse por orde alfabética. No caso de que haxa varias opcións decidirá a orde de preferencia alfabética dos radicais.

1-etil-2,5-dimetil-4-propilbenceno

·        Cando o benceno actúa como radical doutra cadea utilízase co nome de "fenilo". 

4-etil-1,6-difenil-2-metilhexano

 

Se nos dan a fórmula

 

    Sitúa os localizadores sobre os carbonos do benceno conseguindo que os localizadores dos radicais sexan os máis baixos posible. Ordena os radicais por orde alfabética e logo escribe benceno.

Se nos dan o nome

 

    Coloca os localizadores sobre os carbonos do benceno.  Sitúa os radicais sobre os carbonos correspondentes e completa a fórmula cos átomos de hidróxeno.

Exemplos

 

fenilo
bencilo
cumeno
estireno
naftaleno
antraceno
fenantreno
bifenilo

 

Modelos moleculares

Pulsa sobre calquera foto para ver os modelos moleculares en visión estereoscópica ou en 3D

Exercicios

Exercicio 1 Exercicio 2    

 


Inicio | Introducción | Conceptos previos | Tipos de compostos | Alcanos | Alquenos | Alquinos | H. cíclicos | H. aromáticos | Haloxenuros | Alcohois | Fenois | Éteres | Aldehidos | Cetonas | Ac. carboxílicos | Ésteres | Aminas | Amidas | Nitrocompostos | Nitrilos | Exercicios | Moléculas 3D | Táboa periódica | Enlaces
Autor da web:

Se te foi útil esta web, agradezo que a des a coñecer ás túas amizades, ou ao teu alumnado. 
Tamén agradecería que puxeras un enlace a esta web dende a páxina do teu Centro. Gracias pola túa colaboración. 
Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.