|     
Para representar unha substancia química utilizamos as fórmulas 
  químicas, que nos indican os átomos que a forman, así como 
  o número ou proporción destes átomos en dita substancia.     A fórmula da auga, H2O, infórmanos de que está formada 
  de hidróxeno e osíxeno, e ademais que por cada átomo de 
  osíxeno temos dous átomos de hidróxeno. | 
  
    |     Porque así conseguen máis estabilidade.     Cando se estudian as configuracións electrónicas 
  dos átomos vese que os electróns do nivel de valencia (a última 
  capa) teñen unha importancia especial xa que son os que participan na 
  formación dos enlaces e nas reaccións químicas. Tamén 
  estudiaches que os gases nobres teñen grande estabilidade, e eso débese 
  a que teñen os niveis electrónicos completos. Pois ben, ter os 
  niveis electrónicos completos será a situación á 
  que tendan a maioría dos átomos á hora de formar enlaces, 
  ou o que é o mesmo á hora de formar compostos. | 
  
    | 
   
Os átomos poden conseguir configuración de gas nobre de tres 
  formas: gañando, perdendo ou compartindo electróns con outros 
  átomos. 
      Nos elementos dos grupos representativos (alcalinos, alcalinoterreos, 
  grupo do B, grupo do C, grupo do N, calcóxenos e halóxenos) o 
  nivel de valencia complétase con oito electróns. Os átomos 
  con poucos electróns de valencia (alcalinos , alcalinotérreos, 
  etc.) tenderán a perdelos dando lugar a ións positivos (catións), 
  formando cos non metais compostos iónicos. Os átomos con moitos 
  electróns de valencia (halóxenos, calcóxenos, etc.) tenderán 
  a gañalos dando lugar a ións negativos (anións), formando 
  cos metais compostos iónicos, pero cos non metais compostos covalentes.
      Os átomos cun número intermedio de electróns (o máis 
  característico é o grupo do carbono) tenderán a compartir 
  electróns con outros átomos dando lugar a compostos covalentes. | 
  
    |     Os compostos son electricamente neutros, agás os 
  ións cando os formulemos separadamente. É dicir, a carga que aporten 
  todos os átomos dun composto ten que ser globalmente nula, debemos ter 
  nun composto tantas cargas positivas como negativas.Pero para saber cal é a carga que aporta cada átomo 
  imos empregar un concepto moi útil que se chama número de oxidación.
 | 
  
    |     O número de oxidación é un número enteiro que 
  representa o número de electróns que un átomo pon en xogo 
  cando forma un composto determinado.    
  O número de oxidación é positivo se o átomo perde 
  electróns, ou os comparte cun átomo que teña tendencia 
  a captalos. E será negativo cando a átomo gañe electróns, 
  ou os comparta cun átomo que teña tendencia a cedelos.    
  O número de oxidación escríbese en números romanos 
  (lémbrao cando vexamos a nomenclatura de Stock): +I, +II, +III, +IV, 
  -I, -II, -III, -IV, etc. Pero nesta páxina tamén usaremos caracteres 
  arábigos para referirnos a eles: +1, +2, +3, +4, -1, -2, -3, -4 etc., 
  o que nos facilitará os cálculos ao tratalos como números 
  enteiros.    
  Nos ións monoatómicos a carga eléctrica coincide co número 
  de oxidación. Cando nos refiramos ao número de oxidación 
  o signo + o - escribirémolo á esquerda do número, como 
  nos números enteiros. Por otra banda a carga dos ións, ou número 
  de carga, débese escribir co signo á dereita do díxito: 
  Ca2+ ión calcio(2+), CO32- ión carbonato(2-).     
  ¿Será tan complicado saber cal é o número de oxidación 
  que lle corresponde a cada átomo? Pois nada diso, basta con coñecer 
  o número de oxidación dos elementos que teñen un único 
  número de oxidación, que son poucos, e é moi fácil 
  deducilo a partir das configuracións electrónicas. Estes números 
  de oxidación aparecen na táboa seguinte. Os números de 
  oxidación dos demais elementos os deduciremos das fórmulas ou 
  nolos indicarán no nome do composto, así de fácil. |