Prácticas

Arriba Enunciados MRU - x t v MRUA - v t a MRUA - x t a Alcances e cruces Prácticas

DETERMINAR UNHA PENDENTE

   Poida que vises algunha vez un sinal coma esta.

   Este sinal indícanos que transitamos por unha forte pendente. Supón que é unha pendente constante do 10%. Que significa?

   Unha pendente do 10% significa que ascendemos 10m logo de percorrer 100m en horizontal.

   Como calcular a pendente dun triángulo coma este?

   Coidado! o 10% de pendente non se corresponde cun ángulo de 10º. Como calcular o ángulo? Podémolo calcular a partir da tanxente

   Cal será o ángulo correspondente a unha pendente do 10%?

   Agora tócache a ti. Determina a pendente en porcentaxe e en ángulo das rúas da túa cidade máis pendentes. 

   Para facelo podes sacar fotos dos triángulos que debuxan as pedras nas rúas empinadas. Logo en casa mides distancias, a base e a altura deses triángulos, e fas os cálculos. Déixoche para probar a foto da pendente da rúa Taboada Leal de Vigo.

   Unha das rúas máis empinadas de Vigo, Rúa Chile

   Tramo final da Rúa Chile

   Otra rúa de gran pendente, Rúa Manuel Núñez

DETERMINAR UNHA ALTURA POR CAÍDA DUN CORPO

   O movemento de caída libre é un movemento con aceleración constante. Na superficie terrestre esa aceleración é a aceleración da gravidade g = 9,8m/s2.

   Se deixamos caer un corpo libremente, a súa velocidade inicial é cero, e a aceleración é a aceleración g da gravidade.

   Como podemos medir a distancia dende a que cae un corpo libremente?

   Ao deixar caer o corpo a velocidade inicial é cero, de forma que a distancia percorrida polo corpo será

   Como g é constante na superficie da Terra só temos que medir o tempo de caída para saber desde que distancia cae un corpo.

   Agora tócache a ti. Determina a altura dende a que se tiran ao Douro estes nenos que saltan dende a ponte de D. Luís de Porto.

   Vendo estes vídeos determina cun cronómetro o tempo que tardan no salto. Mide o tempo varias veces e calcula a media. Con este tempo calcula a altura dende a que saltan.

   Calcula tamén a velocidade coa que chegan ao auga.

   Recorda que non tes que tirar a ninguén dunha ponte para calcular a altura, abonda con que deixes caer unha bellota, unha castaña, ou outro corpo inofensivo. ¡Nunca tires unha pedra!, pensa que pode estar alguén abaixo.

   Neste salto en Bilbao o saltador salta dende 27m, Que tempo determinas co cronómetro e que tempo calculas coa fórmula da distancia percorrida no MRUA?

Calcula tamén a velocidade coa que entra na auga.

Arriba Enunciados MRU - x t v MRUA - v t a MRUA - x t a Alcances e cruces Prácticas