Estereoscopía

Arriba Facer pan Facer xabón Estereoscopía Espectroscopio

QUE É A ESTEREOSCOPÍA?

A estereoscopía é calquera técnica que nos permita ver con sensación real de profundidade. Podemos ver imaxes estereoscópicas debido á estereopse, que é a capacidade que ten o cerebro humano de percibir como unha imaxe tridimensional única dúas imaxes lixeiramente diferentes captadas cada unha por cada un dos ollos.

Os nosos ollos non reciben a mesma imaxe dun mesmo obxecto, cada un recibe a imaxe do obxecto con un certo ángulo. É o que se chama disparidade binocular. Euclides e Leonardo da Vinci estudaron este fenómeno, así como tamén Kepler realizou estudos sobre a mesma.

Ter dous ollos separados certa distancia e mirando de fronte foi de grande utilidade na nosa historia como especie, podiamos calcular mellor as distancias, apuntar mellor as armas que usamos na caza, ou ter unha mellor visión do espacio que nos rodeaba.

HISTORIA

Sir Charles Wheatstone (1802-1875) presentó en 1838 os seus estudios sobre visión binocular no Royal College de Londres, utilizando un estereoscopio de espellos inventado por el mesmo, que será recordado como o primeiro estereoscopio da historia. Usaba dous debuxos lixeiramente diferentes, xa que ainda non se coñecía a fotografía, colocados de forma que con dous espellos un debuxo era percibido por un ollo e o outro debuxo polo outro, conseguíndose deste xeito a visión estereoscópica.

NON TODOS VEMOS EN 3D

Podemos pensar entón que dispoñer de dous ollos garántenos sempre unha visión estereoscópica, pero non sempre é así. Se temos algún problema de visión nun ollo o cerebro pode utilizar máis a imaxe que recibe polo outro ollo, de forma que perdemos a visión estereoscópica.

Cóntanolo a neurobióloga Susan Barry neste vídeo.

 

TIPOS DE IMAXES ESTEREOSCÓPICAS

Para ver imaxes en tres dimensións debemos dispoñer de dúas imaxes obtidas dende dous puntos de vista diferentes, unha tomada dende un punto de vista máis á dereita e outra tomada dende un punto de vista máis á esquerda, como as imaxes que reciben os nosos ollos. Se as vemos superpostas o cerebro as interpreta como unha imaxe estereoscópica ou en tres dimensións, podemos nelas distinguir perfectamente os diferentes graos de profundidade.

Para ver as imaxes superpostas hai varios métodos:

  • Usar gafas con cristais de distinta cor, o que precisa que as dúas imaxes superpostas tamén sexan de distinta cor. Son os coñecidos como anaglifos.
  • Usar gafas con filtros polarizadores, usadas en salas de cine en tres dimensións, nas que se proxectan dúas películas a través de outros dous filtros polarizadores.
  • Dispor de dúas fotos pequenas nas que os puntos homólogos das fotos teñan a mesma separación que os nosos ollos. A foto da esquerda debe ser a que se realizou dende a esquerda, e a foto da dereita a que se realizou dende a dereita. Se poñemos as fotos diante dos ollos e as imos separando chegaremos a enfocar a imaxe en 3D. Temos que deixar a vista relaxada, como mirando ó infinito. É o método de visión en paralelo.As mesmas imaxes anteriores tamén se poden ver cun estereoscopio, que son dúas lentes converxentes que nos axudan a enfocar as imaxes. Seguro que o estereoscopio che sona de velo nas clases de Ciencias. Máis abaixo indico como construir un. Este tamén é o método dos case desaparecidos visores estereoscópicos que se podían atopar antes nas tendas de fotografía.
  • Outra forma é dispor das mesmas fotos anteriores pero colocando á esquerda a que fixemos dende a dereita e á dereita a que fixemos dende a esquerda. Se as vemos cruzando a vista enfocaremos unha imaxe en 3D. Ó principio é un pouco incómodo pero pronto se acostuma a vista e nos permite ver imaxes en 3D sen precisar gafas e disfrutando das cores reais das imaxes.
  • Outro método de visualizar fotos cun efecto 3d é a través de gifs animados construídos coas fotos que fixemos dende a dereita e dende a esquerda, repetíndoas a intervalos curtos de tempo. Pódese dicir que é a película máis curta que pode existir pois só ten dous fotogramas, pero a sensación de tridimensionalidade é asombrosa.

COMO CREAR UNHA IMAXE ESTEREOSCÓPICA?

Para crear unha imaxe estereoscópica primeiro temos que facer as fotos. Fai anos, na época da fotografía analóxica, era relativamente fácil atopar cámaras con dous obxectivos que facían fotos estereoscópicas, os obxectivos estaban separados a distancia de separación dos ollos. Hoxe en día, na era dixital, debería ser máis fácil construir estas cámaras, pero a realidade é que é difícil dar con elas, é fácil atopar cámaras de acción ou cámaras 360, pero non son cámaras estereoscópicas. Eu conseguín facerme cunha cámara estereoscópica, que saiu recentemente ao mercado, e anque moi sinxela a estou disfrutando moito. Pero que ocorre se non teño unha cámara 3D, ¿podo facer fotos estereoscópicas? Pois a resposta é que si. Podémolas faxcer cunha cámara convencional, ou coa cámara do móbil. Pensa que o importante e dispor de dúas imaxes desprazadas certa distancia, pois eso o podemos facer cunha cámara calqueira, coa precaución de que sexan motivos estáticos, xa que vai pasar un tempo dende que facemos unha foto ata que facemos a seguinte.

Aquí tes un vídeo onde ensino como facer estes pares de fotos:

Unha vez que teñas as fotos feitas debes montalas nunha mesma foto, pra formar o par estereoscópico. Cun programa de edición de imaxes como GIMP non é nada difícil.

Xa dispoñemos das fotos estereoscópicas, tanto pra ver con visión directa como pra ver con visión cruzada. As de visión cruzada as podemos ver directamente cruzando a vista, e as de visión directa tamén, se as colocamos diante dos ollos e as imos alonxando ata enfocar a imaxe, pero é más fácil e cómodo velas cunhas gafas 3D ou cun estereoscopio.

COMO FACER UNHA GAFAS 3D?

 

 

COMO FACER UN ESTEREOSCOPIO?

 

 

COMO USAR O MÓBIL PARA VER IMAXES 3D?

 

 

 

Arriba Facer pan Facer xabón Estereoscopía Espectroscopio
WWW.ALONSOFORMULA.COM
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulación Inorgánica  Formulación Orgánica 
Formulació Inorgánica  Formulació Orgánica 
Ezorganikoaren Formulazioa  Nomenclature of Inorganic Q. 
Física y Química de ESO  Física e Química de ESO 
FQ de 1º de Bachillerato  FQ de 1º de Bacharelato 
Química de 2º de Bachillerato  Prácticas de Química