Introducción

Principal
   Se es alumna ou alumno de Educación Secundaria e estás estudando Física e Química, poida que teñas dificultades cos problemas. É normal, por que crees que teñen ese nome, "problemas"? Pero esas dificultades non deben ser tan grandes que che leven a pensar que xa non vales para nada, que a Física e Química non é o teu, ou que non paga a pena seguir estudando. Para axudarche está esta páxina.

   Primeiro tes que decidir se queres facer problemas de 2º de ESO, 3º de ESO ou de 4º de ESO. Os programas destes dous cursos correspóndense coa normativa actual para estes cursos, escollendo os temas que presentan máis problemas numéricos.

   Despois tes que decidir de que Tema queres facer problemas. Dentro de cada Tema tes diferentes problemas propostos dos que dispós de solución. 

   Dentro de cada Tema tes varios problemas tipo, escollidos por ser referencia importante para outros problemas que che poidas atopar nas clases. Se sabes facer estes problemas tes unha base importante para resolver outros parecidos. 

        Os problemas están explicados seguindo unha serie de pasos que é importante non saltarse. Estes pasos son un MÉTODO DE TRABALLO que nos facilita chegar a unha solución. Hai moitas formas de resolver problemas, eu propóñoche a que me parece máis simple e fácil de entender.