4. Reaccións químicas

Principal Arriba Enunciados

CAMBIOS FÍSICOS E CAMBIOS QUÍMICOS

Na Natureza atopámonos con moitos procesos de cambio. Estes procesos podémolos dividir en dous grandes grupos: cambios físicos e cambios químicos. En que se diferencian?

CAMBIOS QUÍMICOS: son procesos de cambio nos que cambia a natureza das sustancias, unhas sustancias transfórmanse noutras diferentes. Un exemplo telo na comida, cando preparamos un prato uns ingredientes que compramos no súper transfórmanse ao cociñalos nunha comida deliciosa que se diferencia bastante dos ingredientes de partida.

CAMBIOS FÍSICOS: son procesos de cambio nos que non cambia a natureza das sustancias, as sustancias seguen sendo as mesmas despois do cambio. Por exemplo cambiar un corpo de sitio, quentalo, facelo cambiar de estado, non supón que se converta nunha sustancia diferente.

EXERCICIOS PARA PRACTICAR

CONCEPTO DE REACCIÓN QUÍMICA

Os cambios químicos coñecémolos como reaccións químicas. 

Reacción química é un proceso de cambio no que unhas sustancias que chamamos reactivos transfórmanse noutras sustancias diferentes que chamamos produtos e que presentan distintas propiedades que os reactivos.

COMPOÑENTES DUNHA REACCIÓN QUÍMICA

Na reacción química anterior temos unhas sustancias iniciais que se transforman noutras: Cales son? A estas sustancias chamámolas reactivos.

Como consecuencia da reacción que sofren os reactivos aparecen outras sustancias: Cales son? A estas sustancias chamámolas produtos.

En toda reacción química temos reactivos e produtos, os reactivos son as sustancias iniciais e os produtos as sustancias que se obteñen ao final. Dito así parece que unha reacción química é un truco de maxia no que desaparecen sustancias e aparecen outras. Que ocorre realmente nunha reacción química? Xa vimos que as sustancias químicas podiámolas representar por fórmulas químicas nas que os átomos están unidos por enlaces. Os reactivos rompen os seus enlaces e os átomos agora poden organizarse doutra forma formando novos enlaces para formar os produtos. Xa que logo nunha reacción química o que ocorre é a rotura duns enlaces e a formación doutros para dar os produtos. Os átomos son os mesmos pero as sustancias cambian pois os átomos agrúpanse doutra forma.

Imaxínache un baile no que participan moitas parellas. Esas parellas válennos como símil dos compostos químicos. Cando cambia a canción as parellas sepáranse para formar novas parellas que seguen bailando. Isto é o que pasa durante unha reacción química, nos compostos sepáranse os átomos que enseguida se xuntan con outros átomos para formar novos compostos. É un símil, pero pode ser útil para entender as reaccións químicas.

EXEMPLOS DE REACCIÓNS QUÍMICAS

A) Combustión. 

Neste vídeo observaremos dúas reaccións de combustión. Para toda reacción de combustión necesitamos un combustible e un comburente. Cal é cada un destes nas reaccións que vemos a continuación? Que medidas de seguridade deberiamos tomar?

B) Síntese da auga.

Outra reacción de combustión é a síntese do auga. É unha reacción que proporciona moita enerxía. O seu control a través de pilas de combustible pode ser unha alternativa aos hidrocarburos nos medios de transporte.

C) Reacción do bicarbonato de calcio cun ácido.

Esta é unha reacción sinxela e non perigosa que podemos facer todos en casa.

D) Oxidación dos metais.

A corrosión do ferro é unha das reaccións que máis diñeiro nos fai perder, como diminuíla. Vémolo neste vídeo.

E) Respiración celular. 

A respiración celular é unha reacción parecida á combustión, pero non é igual, en que se diferencia?

F) Fotosíntese.

A fotosíntese é a reacción básica que mantén a vida sobre a Terra. Atópaslle algún parecido coa respiración celular?

 

CONSERVACIÓN DA MASA NAS REACCIÓNS

Cando se produce unha reacción os reactivos transfórmanse en produtos, pero xa vimos que non é que desaparezan unhas sustancias e que aparezan outras da nada, é unha transformación dunhas sustancias noutras. Como? Os reactivos e os produtos están formados de átomos, os átomos dos reactivos téñense que separar para organizarse doutra forma para dar os produtos. Os átomos son os mesmos pero asociados de forma diferente.

Fíxache nesta simulación, da Universidade de Colorado, na que necesitamos un número determinado de elementos para formar certas asociacións.

As reaccións químicas representámolas por ecuacións químicas. O número de moléculas de cada sustancia debe ser tal que o número de átomos de cada elemento coincida en reactivos e produtos. Isto é o que se chama axustar ou balancear unha ecuación quimica.

Axusta algunhas ecuaciones químicas axudándoche da seguinte simulación da Universidade de Colorado.

Si os átomos dos reactivos son os mesmos que hai nos produtos é fácil entender que nas reaccións químicas consérvase a masa, a masa consérvase nas reaccións químicas porque os átomos non se crean nin se destrúen nas mesmas, senón que se reorganizan doutra forma dando lugar a novos compostos.

O lei de conservación da masa foi enunciada en 1785 polo francés Antoine-Laurent de Lavoisier (1743-1794).

VELOCIDADE DE REACCIÓN

As reaccións cando se producen poden ser rápidas ou lentas, por exemplo cando un petardo explota é unha reacción moi rápida, pero cando se oxida o ferro é unha reacción moi lenta. Pero a velocidade dunha determinada reacción podémola modificar variando certas condicións. Observa este vídeo:

Sabes dicir de que factores depende a velocidade dunha reacción?

PRODUTOS NATURAIS E SINTÉTICOS

 

 

 

 

 

PLÁSTICOS RECICLABLES

   Os materiais plásticos que podemos atopar á venda presentan uns símbolos que nos anuncian o tipo de plástico de que se trata e a posibilidade de ser reciclado. Neste caso, o símbolo de reciclado está formado por un triángulo de tres frechas que conteñen un número e unhas letras que sinalan o tipo de material. Podemos atopar no mercado os seguintes símbolos:

   Estes son algúns exemplos de plásticos que podemos atopar por casa ou cando imos ao súper.

   PET ou PETE (Polietileno tereftalato) 1. É un dos plásticos máis comúns, é lixeiro, non é caro e é fácilmente reciclable, usado sobre todo para envasar alimentos e bebidas. A maioría das botellas de auga que se comercializan en España están feitas a partir de PET. Unha vez reciclado, pódese utilizar, por exemplo, na elaboración de fibras textiles e pezas de automóbil.

Botella de auga mineral Bote de maionesa
Botella de aceite Envase de lavavaixelas

   HDPE (Polietileno de alta densidade) 2. Grazas a súa versatilidade e resistencia química utilízase, sobre todo, en envases, en produtos de limpeza de fogar ou químicos industriais, como botellas de champú, deterxente, cloro, etc. Recíclase de moi diversas formas, como en tubos, botellas de deterxentes e limpiadores, mobles de xardín, etc.

Bolsa de supermercado Bolsa de supermercado
Bote de champú Bote de xel de baño
Envase de limpiador vitrocerámicas Envase de deterxente

   V ou PVC (Vinílicos ou Cloruro de Polivinilo) 3. É moi resistente. Non se usa para alimentos, senón para a fabricación de produtos de alta resistencia como fiestras ou materiais para construción. Unha vez reciclado, pode servir para a fabricación de paneles, tarimas, tapetes, etc.. O PVC pode soltar diversas toxinas (non hai que queimalo nin deixar que toque alimentos).

   PEBD (Polietileno de baixa densidade) 4. Este plástico forte, flexible e transparente pódese atopar nalgunhas botellas e bolsas moi diversas (da compra ou para comida conxelada, pan, etc.), algúns mobles e alfombras, entre outros. Tralo seu reciclado, pódese utilizar de novo en contenedores e papeleras, sobres, paneles, tuberías ou baldosas.

Envase de rollos de cociña

Envase de rollos de papel hixiénico

   PP (Polipropileno) 5. O seu alto punto de fusión permite envases capaces de conter líquidos e alimentos quentes. Utilízase na fabricación de envases médicos, yogures, palliñas, botes de ketchup, tapas, algúns contenedores de cociña, etc. Ao reciclarse pódense obter sinais luminosos, cables de batería, escobas, cepillos, anciños, cubos, bandexas, etc.

Envase de pasta Envase de pañuelos de papel
Tarrina de CDs Tarrina de CDs
Fiambrera Envase de deterxente

   PS (Poliestireno) 6. Utilizado en pratos e vasos de usar e tirar, oveiras, bandexas de carne, etc. O seu baixo punto de fusión fai posible que poida derretirse en contacto coa calor. Tralo seu reciclaje, pódense obter diversos produtos como material para edificación, aislantes, etc.

Tarrina de CDs Caixa de bombóns
Bandexa de supermercado Envase de palillos

   Outros plásticos 7. Neste caixón de sastre inclúense unha gran diversidade de plásticos moi difíciles de reciclar, como o policarbonato, e que serven para elaborar DVD´s, lentes de sol, MP3 ou PC´s.

Bolsa de pistachos Envase de toalliñas húmidas
Xarra filtradora de auga
SMMA - Estireno metilmetacrilato
SAN - Estireno acrilonitrilo
Xarra filtradora de auga
ASA - Acrilonitrilo estireno acrilato
ABS - Acrilonitrilo butadieno estireno

   Como variantes destes símbolos de materiais plásticos pódense atopar só cos números, sen os acrónimos, ou co anel máis groso de Moebius e, no seu interior, o número que corresponda. Si o acrónimo leva unha "R" diante, significa que o produto contén materiais plásticos reciclados. Pola súa banda, si o símbolo leva o acrónimo ABS, refírese ao acrilonitrilo butadieno estireno, un plástico moi duro utilizado en automoción e en usos tanto industriais como domésticos.

   Está claro que non todo o plástico recíclase. Gran parte dos plásticos que usamos vai parar ao océano. Pero o mar non os destrúe. Esta enorme cantidade de plástico en pequenos fragmento está poñendo en perigo os ecosistemas mariños.

Arriba Enunciados